Ola familias e monstriños!
Aquí vos deixamos as tarefas desta semana.
Recordamos algunhas normas:
- Os nenos e nenas fan as tarefas con lapis, a poder ser sen axuda, e cando rematen vós correxides as actividades.
- Repasan con rotulador todo o que fixeron con lapis. Se é un debuxo repasan con rotulador negro e despois colorean.
- Se fan os números ao revés non vos preocupedes, é normal. Podedes dicirlle que hai algún número que teñen que correxir, seguro que eles mesmos se dan conta do erro
- Estaría ben que deixárades constancia na ficha os erros que tiveron para que nós, ao recibir os emails, vexamos en que se confudiron ou en que cousas tiveron máis dificultades.
- Cando axudedes a escribir palabras, deixade que escriban eles sen axuda vosa. Vós podedes axudarlle a dividir en sílabas as palabras e marcando os sons pero teñen que ser eles os que escriban de forma autónoma. Se lles falta algunha letra non vos preocupedes, é normal. Ao rematar a actividade escribídeslle ao lado como sería a palabra con todas as letras. Por exemplo: eles escriben AAO ou PAGARO, está ben. Escribiron un son de cada sílaba e a G e J soan igual. Pasa o mesmo coa B e V, coa Y e LL, coa C e Z. Está ben escrito. Podédeslle dicir "está moi ben pero PÁJARO é con J, pero está ben escrito porque soan igual"
GRAFO
Podedes facer só a de Grafo 1 e completar pola parte de atrás cos debuxos e as palabras na pauta de Grafo 2.
Nesta ficha da Bota y a Nube (grafo 1) teñen que repasar con lapis as sílabas e despois repasar con rotulador: NA de amarelo ou laranxa, NE de verde, NI de lila, NO de vermello, NU de azul. Despois teñen que facer o trazo da N/n por dentro con lapis e rotulador e pintar o debuxo que teña N.
Versión sen imprimir: con rotulador amarelo as familias fan o trazo das sílabas e a pauta e os nenos repasan con lapis.
Na seguinte ficha (grafo 2) teñen que unir cada sílaba co debuxo correspondente e escribir na pauta o nome dos debuxos (NIÑA, NARANJA, NUBE, NEVERA, NORIA)
Versión sen imprimir: os propios nenos poden facer os debuxos e, na pauta feita polas familias, escriben a palabra.
Xogo previo: con plastilina modelamos a letra N maiúscula e minúscula e as vogais. Tamén podemos facer unha base con plastilina e escribir cun palillo a letra N.
![]() |
Grafo 1 |
![]() |
Grafo 2 |
LECTO
Teñen que escribir Xapón en minúscula, excepto a X. Despois teñen que colorear a bandeira e debuxala no rectángulo de abaixo. No mapa teñen que marcar cun puntiño Yokohama.
Versión sen imprimir: poden debuxar a bandeira de Xapón e, se son capaces, o mapa. Que escriban a palabra Xapón na pauta feita por vós e que coloreen.
Xogo previo: se tedes un mapa podedes xogar a buscar os países que traballamos ata agora e pensar nas posibilidades de desprazamentos que temos hoxe en día. Dende O Porriño ata Xapón, como teríamos que facer?
ARTE
En Xapón é moi importante a festa dos CEREIXOS. Cada ano, milleiros de persoas de todo o mundo viaxan para ver florecer os cereixos. Os xaponeses teñen a costume de pasar o día coa familia e amigos no campo para desfrutar das flores dos cereixos.
Nesta actividade tedes que debuxar con témpera, rotulador ou cera negra o tronco do cereixo. Despois con témpera rosa claro e unha botella tal como aparece na imaxe tedes que facer os pétalos. Tamén podedes empregar os dedos, un pincel e, se non tedes témpera, podedes facelo con outro material ou pegarlle papel de seda rosa en boliñas. O que a imaxinación vos permita! 😉
Despois podedes debuxar unha xaponesa cos pasos que vos indicamos na imaxe.
Versión sen imprimir: nun folio en branco e coas indicacións anteriores fan o cereixo e na pauta escriben FESTA DOS CEREIXOS EN XAPÓN.
Xogo previo: como logramos a cor rosa claro se só temos branco, negro, vermello, verde, amarelo e azul? Podedes xogar a experimentar a mesturar cores ata conseguir a cor desexada.
![]() |
Como debuxar unha xaponesa paso a paso |
![]() |
Cereixo feito con botella e témpera rosa claro. |
LÓXICA E MATES
O Sushi é unha comida típica xaponesa. Antes só podiamos degustala se viaxábamos a Xapón, por sorte, agora podemos atopala fácilmente no noso país ou incluso facela na casa. Só precisa a alga, arroz branco de sushi, vinagre de arroz e o ingrediente que queiramos, por exemplo, salmón afumado, gambas, cenoria, aguacate, etc.
Xogo previo: facer en casa sushi. Propoñemos un par de videos explicativos da receita de sushi.
Na Ficha de Sushi Sumas temos escribir a palabra SUSHI en minúscula e despois facer o labirinto. Como fará o cociñeiro para chegar ata o sushi¿? Primeiro facedes o camiño con lapis e despois con rotulador ou pintando o camiño con cera.
Ao rematar isto, pasamos á primeira suma de sushi, moi sinxela. 1+3. Ao lado está en branco, é para que inventedes a suma con sushi. Facede os debuxos con lapis, despois repasades con negro y coloreades con cera.
Versión sen imprimir: o propio neno pode facer o debuxo do cociñeiro nunha punta do papel e, na outra punta, fai o sushi. No medio, as familias facedes con rotulador varias raias sen sentido, cada raia dunha cor, pero só unha chegará á meta. O neno terá que pintar por encima do camiño correcto. Para as sumas, o neno fará unha suma feita con sushi.
![]() |
Ficha Sushi Sumas |
Na páxina 36 do libro de mates tedes que repasar os números dende o 10 ata o 0 primeiro con lapis e despois con rotulador e se pode ser cada número dunha cor mellor. En clase mandamos colorear segundo a cor dos números que temos en clase ou da cor das regletas. Neste caso imos repasalos da cor das regletas.
Pola parte de atrás teñen que repasar de lapis os rectángulos e despois de rotulador negro. Imos facer unha serie de 3 cores (azul, amarelo, verde)
Versión sen imprimir: facemos a recta numérica tres veces. Na primeira facemos con rotulador amarelo todos os números do 10 ao 0 para que repasar con lapis. Tamén poden facelos eles directamente sen a vosa axuda co rotulador amarelo. Na segunda recta numérica escribimos 4 números e terán que completar eles. E na terceira recta numérica escribimos só 3 números.
Nunha pauta de cadradiños (se tedes unha libreta de cadros mellor) facemos como na imaxe dos rectángulos. Podemos marcarlle o inicio de cada rectángulo.
Xogo previo: podedes volver a xogar á recta numérica explicada un par de semanas cara atrás.
![]() |
Páxina 36 do libro |
![]() |
Cores das regletas |
![]() |
Páxina 36 por detrás |
Ningún comentario:
Publicar un comentario