luns, 25 de maio de 2020

Tarefas do 25 ao 31 de maio

Bo día familias!! Xa estamos rematando o mes das flores, canto tempo sen vernos!!
Aí vai a proposta desta semana:

*Mates:

Xogos previos: Antes de comezar coas tarefas de matemáticas propoñemos uns xogos de calentamento: contar adiante e atrás ata 10 ou 20, facer papeliños e escribir en cada un un número e logo revolver e ordenalos. Facer un memory de números e temos que atopar dous números iguais ou complicalo máis tendo que unir o número coa súa cantiade ( o número un cun circuliño, o 2 con dous circuliños...).

Que números faltan? Páxina 37 do libro de mates. Esta tarefa e moi sinxela, os nen@s terán que completar os números que faltan nos móbiles.

Versión sen imprimir: Debuxámoslle os móbiles ou poden facelo eles, deixamos ocos sen número para que completen os nen@s.



Una moneda para la hucha. Páxina 38 do libro de mates. Agora, só teñen que contar as moedas de cada peto e escribir o número nas etiquetas. Abaixo teñen que repasar con lápis as series numéricas e logo repasar con rotus das cores das regretas.


Versión sen imprimir: Facemos círculos e dentro debuxamos moedas para que os nen@s as conten e escriban o número correcto nas etiquetas.




*Lóxica: 

Cuantos trozos quedan? Páxina 39 do libro de mates. Imos facer outra tarefa do libro, neste caso trátase de facer unhas restas moi sinxelas. Para que un nen@ aprenda a sumar e restar, é moi importante traballar con el ou ela a capacidade lóxica. Ten que entender que cando temos un número de cousas e lle engadimos outra, imos ter "máis" que antes, e ao revés, se temos unha cantidade e lle quitamos imos ter "menos" que antes. É máis importante comprender isto que chegar ao resultado correcto. Os nenos e nenas terán que facer as restas, recortar as porcións de pizza da parte superior dereita e pegalas no lugar correcto.

Xogos previos: Para traballar este concepto, podemos coller algo que teñamos pola casa, poden ser froitas, rotuladores o que prefirades, e xogamos a contar, e a engadir ou quitar e ver que pasa. Deixade que eles fagan sos e axudádelles cando o precisen.



Versión sen imprimir: Podemos debuxar as pizzas ou facer boliñas e tachar para facer a resta.


Na parte traseira, temos unha cuadrícula con rectángulos. Fixándonos nos espazos e contando os cadradiños, facemos os rectángulos con lápis, dividímolos pola metade, repasamos o contorno con rotu negro e coloreamos como o  modelo.


Versión sen imprimir: Facémoslle a cuadrícula para que eles debuxen os rectángulos.




*Grafo:

Comezamos cunha letra nova a "D", que ademáis non é tan sonora como outras, e polo tanto, é máis difícil de identificar nas palabras. Podedes poñervos cos nen@s diante dun espello e ensinarlles cal é a posición da lingua cando facemos o son da "D", que se den conta que a punta da lingua sae para fóra. Isto axudarálles a identificala nas palabras, pois ademais do oído empregaran a vista.

Despois disto podemos dicirlles diferentes palabras que leven ou non o fonema "D", e eles terán que recoñecer que palabras teñen "D". Logo podemos recordar os compañeiros/as da aula que comezan con esta letra ou que a levan no medio, e tamén buscar palabras que comecen ou conteñan as diferentes sílabas (da, de, di, do, du).


Despois de poñer o nome e a data nas pautas, os nen@s  terán que repasar as sílabas maiúsculas e minúsculas e copialas na pauta correspondente. Logo terán que colorear o debuxo que comeza con "D".

Pola parte traseira, poden escribir unha palabra con cada sílaba.

Versión sen imprimir:  Con rotulador amarelo facemos as sílabas para que o nen@ repase por enriba e tamén facémoslle a pauta.


*Arte:

Mirade que chulo este pavo, como xa saberedes en Estados Unidos é tradición celebrar o Día de Acción de Gracias, xuntándose coa familia e degustando un delicioso pavo. Nos non imos a comelo pero si podedes animarvos a facer esta chulísima manualidade. Axudádelles a recortar o corpo e as partes do pavo. Para facer a cola precisamos folios, dunha ou varias cores, cos que facemos tiras e logo unimos as puntas e pegamos o resultado nun folio.




*Lecto:

Viaxamos a Estados Unidos, podemos localizalo no mapa e preguntarlle aos nenos que é o que saben dese país, máis de un seguro que nos soprende coa resposta. Logo ensinámoslle a bandeira e explicámoslle que o número de estrelas se corresponde co número de estados que tamén poden verse no mapa, e de ahí o nome do país. Tamén podemos buscar os diferentes monumentos e averiguar se coñecen o nome...

Nesta tarea hai que debuxar e colorear a bandeira de Estados Unidos e situar no mapa a cidade de San Francisco e Nueva York e escribir o seu nome na pauta.



Versión sen imprimir: Os nen@s fan a bandeira de Estados Unidos e escribe o nome do país na pauta.

O nen@ terá que averiguar o nome destos símbolos de Estados Unidos, unilo co monumento correcto e escribilo nas pautas correspondentes.


Versión sen imprimir: O nen@ terá que debuxar os dous monumentos e escribir os seus nomes na pauta. Ensinádelles imáxes reais para que lles sexa máis fácil debuxalos.


*Pasaporte:

Pegade a bandeira de China, Xapón e EEUU e escribide o nome da cidade que visitou Fogg

Ningún comentario:

Publicar un comentario