Aquí vos deixamos as tarefas para esta semana onde incluimos algunhas actividades do proxecto. Recordamos algunhas normas:
- Os nenos e nenas fan as tarefas con lapis, a poder ser sen axuda, e cando rematen vós correxides as actividades.
- Repasan con rotulador todo o que fixeron con lapis. Se é un debuxo repasan con rotulador negro e despois colorean.
- Se fan os números ao revés non vos preocupedes, é normal. Podedes dicirlle que hai algún número que teñen que correxir, seguro que eles mesmos se dan conta do erro
- Estaría ben que deixárades constancia na ficha os erros que tiveron para que nós, ao recibir os emails, vexamos en que se confudiron ou en que cousas tiveron máis dificultades.
- Cando axudedes a escribir palabras, deixade que escriban eles sen axuda vosa. Vós podedes axudarlle a dividir en sílabas as palabras e marcando os sons pero teñen que ser eles os que escriban de forma autónoma. Se lles falta algunha letra non vos preocupedes, é normal. Ao rematar a actividade escribídeslle ao lado como sería a palabra con todas as letras. Por exemplo: eles escriben AAO ou PAGARO, está ben. Escribiron un son de cada sílaba e a G e J soan igual. Pasa o mesmo coa B e V, coa Y e LL, coa C e Z. Está ben escrito. Podédeslle dicir "está moi ben pero PÁJARO é con J, pero está ben escrito porque soan igual"
ARTE
Imos facer unha manualidade relacionada con China. Podedes empregar os modelos que propoñemos ou inventar un vós.
O corpo é unha cartolina ou folio que teredes que ir dobrando cara un lado e cara outro coma un abanico. Nun extremo pegamos a cabeza e no outro, a cola que pode ser como o modelo ou con tiras de papel. Podedes decoralo como máis vos guste.
Tamén podedes facer un molde para cada parte da cara do dragón como fixemos nós a man.
Tamén podedes facer un molde para cada parte da cara do dragón como fixemos nós a man.
O dragón é representativo de China e de Xapón e representa un animal sagrado, un ser mitolóxico, que da boa sorte.
Pois imos fabricar o noso dragón para que ter moita sorte na vida!
LECTO
Esta semana imos facer dúas tarefas de lecto e ningunha de lóxica.
Aínda que en Xapón tamén é típico, estamos máis acostumados a ver estas cousas cando imos a unha tenda china a mercar material para o cole e disfraces.
En China e Xapón, o vestido tradicional é o KIMONO. Soen poñelo para momentos especiais como entrega de premios ou celebracións importantes. Incluso fan cursos para aprender a poñer o KIMONO correctamente.
Tanto en China como en Xapón podemos atopar unhas construcións fermosísimas que non podemos atopar en España. Estas edificacións son as PAGODAS que nun principio eran edificios relixiosos pero que agora teñen máis funcións.
Na tarefa que vos presentamos tedes que escribir KIMONO e PAGODA.
- Todas as vogais deben ir minúscula e as consoantes M, P, L, T, S tamén.
- Quen sexa capaz de escribilas todas en minúscula pode facelo.
- Primeiro en lapis e despois en rotulador.
- Por último pintamos os debuxos, cada espazo dunha cor, non vale pintar toda a imaxe da mesma e a toda velocidade.
- Por detrás pódense debuxar eles vestidos co KIMONO.
Versión sen imprimir: os propios nenos e nenas debúxanse co kimono e fan unha pagoda como mellor poidan. Despois escriben KIMONO e PAGODA na pauta feita polas familias.
Nesta outra tarefa de lecto temos que escribir CHINA e escribir ESTRELAS.
- Coloreamos a bandeira e intentamos copiala no rectángulo inferior.
- No mapa sinalamos SHANGHAI e coloreamos o mapa dunha cor clara.
- Repasamos o lapis con rotulador e dámoslle con cera tumbada dunha cor clara a toda a ficha procurando non cubrir os debuxos.
Versión sen imprimir: Fan a bandeira de CHINA e escriben PHILEAS FOGG FOI A CHINA.
GRAFO
Nesta outra tarefa, imos reforzar a letra S xa traballada anteriormente.
- Repasamos as sílabas con lapis e despois con rotulador. Recordamos: A de amarelo ou laranxa, E de verde, I de lila, O de "rojo" e U de azul.
- Relacionamos cada sílaba co debuxo que lle corresponde (SIrena, SOl, SUperman, SApo, SEta).
- Escribimos as vogais en minúscula e todas as letras traballadas anteriormente (M, P, L, T, S).
- Ao lado de cada debuxo escribimos o nome da imaxe, comezamos en minúscula para practicar o trazo da S.
- Por detrás podedes escribir en pauta outras palabras que empecen por S ou que conteñan S.
Versión sen imprimir: con rotulador amarelo ou laranxa vós facedes as sílabas e os nen@s repasan con lapis. Tamén podedes facer a pauta e son eles os que fan as sílabas con lapis para despois repasalos con rotulador da cor de cada vogal como indicamos arriba. Facédeslle a pauta e eles escriben palabras con cada unha das sílabas e ao lado, se queren, poden facer os debuxos.
MATES
No libro de mates situámonos na páxina 35.
- Con lapis facemos os tres ceros grandes e despois repasámolos con cera ou rotulador verde, vermello e amarelo. Se comezan facendo o cero do medio será moito máis fácil para eles facer os demais e axustalos ao espazo.
- Unimos o tarro dos caramelos, a cesta e a galiña onde haxa 0 elementos.
- Repasamos os números 0 con lapis e despois con rotulador comezando polo punto e xirando cara a esquerda. Fixádevos que fagan ben o trazo.
- Pola parte de atrás, na pauta, escribimos a data e facemos máis 0, tamén na pauta.
Versión sen imprimir: as familias facemos o número 0 en grande e preparamos a pauta para facer ceros. Os nenos e nenas fan os debuxos pero poden ser debuxos máis sinxelos, por exemplo, unha caixa con e sen mazás, un vaso con e sen caramelos ou un prato con e sen óvos.
XOGO PREVIO
Podemos facelo así como nos indica o video ou simplemente coller un tarro ou caixa e ir metendo tantas cousas como lles digamos. Recordade traballar o número 0 e os termos ningún e baleiro.
PASAPORTE (quen teña na casa)
Pegamos no pasaporte a bandeira de China e escribimos Shanghai debaixo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario