Boas monstriños e familias!!
Esperamos que vos encontredes moi ben. Xa queda menos para poder saír e vernos. Desexámolo moitísimo!!! 💖
Aquí tedes as actividades para esta semana. Recordade que todas as actividade deben levar nome e data. Tedes un modelo en miniatura de como poderían ser as actividades propostas se non tedes para imprimir. Esperamos que vos sexan de axuda.
- Mates.
Repasar o número 10 con lapis e despois con rotulador. Facer o número 10 por dentro primeiro con lapis e despois con cera amarela, verde e vermella. Versión sen imprimir: as familias fan o número 10 grande para que os nenos fagan por dentro os trazos e despois cun rotulador amarelo fan 10 10 10 10 para que os nenos repasen con lapis.
Facer triángulos con lapis e unha vez feitos repasar con rotulador negro e pintalos facendo unha serie de 4 cores (azul, amarelo, verde, rosa). Versión sen imprimir: as familias fan as cuadrículas e colocan os puntiños de inicio para que o neno poida facer os triángulos.
Colocar o puntiño arriba ou abaixo, dentro ou fóra, primeiro con lapis e despois dándolle cor. Versión se imprimir: as familias debuxan as cuadrículas e as imaxes e o neno completa. Tamén podedes debuxar só a cuadrícula e o neno fai as imaxes completas.
Colorear cada debuxo dunha cor (por exemplo, os bastóns amarelos, as velas azuis) e colocar no recadro a cantidade exacta de cada obxecto. Versión sen imprimir: os nenos fan un debuxo e despois as familias engaden obxectos que os nenos teñen que contar e escribir o número. Outra forma de facelo é mirando esta imaxe e nun papel escribir o número de elementos. Outra forma de facelo é dicíndolles un número e eles teñen que debuxar X obxectos (por exemplo, 5: o neno debuxo 5 flores)
- Lóxica:
- Grafo:
- Arte:
Teñen que completa os raios do sol e as ondas do mar. Unha vez completo teñen que repasalo de negro e pintalo, poden empregar ceras, témperas ou outro material. Poden pegarlle lá ou cordel fino para facer volume e pintalo con témpera ou rotulador. Versión sen imprimir: as familias ou os propios nenos fan o debuxo enteiro e despois decoran.
- Lecto:
Relacionar cada monumento coa súa bandeira e escribir na pauta o nome do país. Versión sen imprimir: Debuxan a bandeira e escriben na pauta o nome do país. Se son capaces, debuxan algo característico de cada país.












Ningún comentario:
Publicar un comentario