luns, 20 de abril de 2020

Tarefas do 20 ao 26 de abril



Bo día familias!!
Continuamos traballando, esta semana a proposta de actividades é a seguinte:


*Mates:
  Para realizar esta actividade podedes xogar a facer sumas previamente con mazás ou calquer elemento que atopedes pola vosa casa. P. ex rotus verdes e vermellos. Así os nen@s terán máis claro o que teñen que facer despois.
  Contamos por un lado as mazás vermellas e escribimos o número no cadrado vermello, e por outro, as mazás verdes e escribimos o número no cadrado verde. Xuntamos todas as mazás e escribimos o resultado final.





Versión sen imprimir:
Nun folio debuxamos un círculo e dentro uns cantos puntos vermellos e outros cantos verdes. Facemos os cadros debaixo é o nen@ terá que contar e escribir o número correspondente en cada cadro e logo facer a suma. Podemos facer 4 distintos como na tarea.









  Nesta ocasión faremos sumas pero completando ata chegar ao número 10. Os nen@s terán que debuxar triángulos ata completar dez, contalos e escribir o número dos triángulos que debuxaron.
  Trátase de que se den conta que para chegar a 10 podemos facer direfentes sumas. Podemos xogar cos dedos das mans, explicándolles que se levantamos todos, hai 10 dedos (contámolos) e vamos vendo que sucede se baixamos 1, 2, 3,...




Versión sen imprimir:
Nun folio facemos un círculo, e poñemos etiquetas coa forma é o número que ten que facer. Podemos ir variando a forma pero o número ten que ser 10, para así traballar as diferentes sumas que dan como resultado 10. Neste exemplo o nen@ tería que facer 8 triángulos para completar e 4 círculos. Podedes poñerlle as nove sumas posibles (1+9, 2+8, 3+7, 4+6, 5+5, 6+4, 7+3, 8+2, 9+1).





*Lóxica:
   Unha tarefa de series moi sinxela. Hai que colorear a peza que tocaría poñer nas torres.
   Podemos practicar primeiro con pezas de contsruccións, legos, ou facer series en horizontal.






Versión sen imprimir:
Nun folio en branco facemos diferentes series e o nen@ ten que completar coa forma que toque. Podemos traballar diferentes aspectos (tamaño, cor, forma,...).








  Imos traballar un pouco as formas xeométrica máis básicas. Podedes dicir unha forma en voz alta e que o/a neno/a sinale ou nomee cousas desa forma que atope pola casa ou que se lle ocorran.
  Na tarefa terán que debuxar as diferentes formas, escribir o seu nome na pauta e debuxar algo que teña esa forma.



Versión sen imprimir:

Nun folio en branco facede as 4 formas básicas (círculo, cadrado, triángulo e rectángulo), deixade un espacio para que o nen@ as debuxo ao lado. Facemos a pauta para que escriban as catro palabras e un recadro para que debuxan cousas que se lles ocorra e teñan esas mesmas formas.








*Grafo:
  Cubrir os diferentes grafismos utilizando materiais diversos (boliñas e churros de plastilina, témpera cos dedos ou con pincel, lanas de cores, trozos de espaguetti, boliñas de seda, gomets, papeluchos,...).




Versión sen imprimir:
Nun folio en branco, copiades este trazos e os nenos decoraran por riba con diferentes materiais e técnicas.









*Arte:
  Terán que completar os debuxos, colorealos e escribir o nome de cada debuxo, debaixo, na pauta.




Versión sen imprimir:
Nun folio en branco facedes a metade dos debuxos que eles terán que completar ou podedes buscar outras imaxes en revistas recortalas e pegar só a metade para que as completen. Facédelle a pauta para que escriban os nomes dos debuxos.









*Lecto:
  Para practicar pensamos en palabras que comecen  ou conteñan a letra"T". Tamén podedes dicir palabras en voz alta e os nen@s terán que dar un salto ou unha palmada se escoitan o fonema "T".
  Despois continuamos coa tarefa onde terán que colorear, recoratr e pegar no lugar axeitado segundo as palabras conteñan ou non o son "T", e logo escribirán na pauta o nome das palabras que si levan "T".




Versión sen imprimir:
Nun folio en branco, dividídelo pola metade e dádeslle ao nen@ os debuxos feitos por vós que terán que pegar no lugar correspondente ou poden debuxar eles mesmos, pois son debuxos moi sinxelos. Facédelle pauta ao lado dos debuxos que teñen o son "T" para que poidan escribir os seus nomes.


Ningún comentario:

Publicar un comentario