Para descansar un pouco entre tarefa e tarefa, podemos intercalar algunha destas actividades musicais.
Primeiro calentamos as mans que van a ser o noso instrumento de traballo. Que mellor que facelo con esta cancion que tanto lles gusta aos nenos.
Segundo, imos traballando ritmos coas mans, podemos empezar por facer ritmos sencillos que os vosos fillos e fillas terán que repetir en espello. Cando xa levemos un rato practicanco podemos animarnos con este video e a ver ata onde chega cada un. É moi interesante porque require atención, concentración e memoria. E ademais é unha actividade para facer en familia, a ver quen é capaz de facelo sen equivocarse.
Se vos pareceu moi complicado deixámosvos esta canción máis sinxela que xa practicamos máis veces na escola.
Por íltimo, que mellor que rematar esta sesión musical cun obradoiro para facer un pau de choiva con materiais que seguro que atopades por casa. Só precisamos dun rolo de cociña, paliños de dentes, cinta adhesiva, pegamento e papeis ou rotuladores para decorar.
Este video axudaravos a facelo de xeito moi sinxelo. É moi visual, recomendámosvos que lle quitedes o volumen.
Ningún comentario:
Publicar un comentario