*Mates:
Antes de empezar coa tarefa podemos practicar a serie ascendente e descendente do 1 ao 20. Isto pode darnos unha pista do que se agocha nesta imaxe, porque sempre facemos unha conta atrás cando despega un destes. Se queredes averiguar de que se trata só teredes que unir os puntos de forma ordeada comezando polo 1 e rematando no 10.
Cando descubramos de que obxecto se trata podemos repasalo con rotu nergo, colorealo e escribir o seu nome.
Na parte de abaixo teredes que colorear o recadro que ten o número maior de cada grupo.

Versión sen imprimir:
Nun folio en branco debuxamos o foguete co lapis moi suaviño. Cun rotulador negro marcamos os puntos e escribimos os números do 1 ao 10 ordeados. Por último borramos o lapis e o nen@ terá que unir os puntos para dar coa solución.

Versión sen imprimir:
Nun folio en branco debuxamos o foguete co lapis moi suaviño. Cun rotulador negro marcamos os puntos e escribimos os números do 1 ao 10 ordeados. Por último borramos o lapis e o nen@ terá que unir os puntos para dar coa solución.
Na parte traseira da ficha atoparedes unha sinxela serie (dentro/fóra).
Nesta ocasión temos sumas con dianas, observamos os números da diana que teñen pelota, os escribimos nos cadradiños e sumamos.
Para practicar as sumas podemos facer papeliños onde escribimos números do 1 ao 9, poñémolos boca abaixo e revolvemos para perdelos de vista. Por turnos imos collendo e volteando dous papeliños e facemos a suma que nos toque...
Versión sen imprimir: Nun folio en branco debuxamos 4 círculos (dianas) e os dividimos en 8 partes, en cada unha escribides un número do 1 ao 8. Facedes un puntiño en dous números e os nen@s farán a suma nos recadros que lle facedes debaixo de cada diana.
Versión sen imprimir: Nun folio en branco debuxamos 4 círculos (dianas) e os dividimos en 8 partes, en cada unha escribides un número do 1 ao 8. Facedes un puntiño en dous números e os nen@s farán a suma nos recadros que lle facedes debaixo de cada diana.
A última tarefa proposta de mates, que podedes imprimir e pegar na parte traseira da tarefa anterior (páx 31 do libro de mates). Consiste en completar a serie cos números que faltan, fixádevos que non se poden repetir os que xa están escritos. Moita sorte!!
Versión sen imprimir: Nun folio en branco facemos unha especie de gusano con cículos e enchemos con números de forma ordeada, deixando algúns ocos baleiros para que cubran os nen@s.
*Lóxica:
Podemos xogar ás adiviñas... Nós propoñémosvos esta. Teredes que debuxar a solúción no recadro e escribila na pauta.
Versión sen imprimir: Leédelle en voz alta a adiviña e nun folio en branco facédelle un recadro para debuxar a solución e unha pauta para escribila.
Versión sen imprimir: Leédelle en voz alta a adiviña e nun folio en branco facédelle un recadro para debuxar a solución e unha pauta para escribila.
Temos que colorear o foguete. Para saber de que cor pintar cada zona, teremos que facer primeiro as sumas. Un truco para facer sumas grandes... Collemos o número maior dos dous que queremos sumar, p. ex. se temos q sumar 7+3, teríamos que coller o número 7. Agora o número 7 o metemos na cabeciña e o temos aí preparado 777777, non o esquecemos. Logo collemos o outro número, que neste caso é o 3 e levantamos ese número de dedos. Entón temos o número grande na cabeciña (7) e na man o pequeno (3). Pois alá imos, recuperamos o número que tiñamos na cabeza q era 7 e empezamos a contar dende ahí, como lle queremos sumar 3 teremos que contar 3 números (8, 9, 10). A medida que imos contando, imos baixando cada dedo ate quedar co puño pechado.
Versión sen imprimir: Podedes facer un foguete ou calquera debuxo. P. ex. unha bolboreta. Poñede sumas nas diferentes partes e a cada número dádelle unha cor.
*Grafo:
Aprendemos unha nova consoante, a "S", practicamos "con" e "sen" pauta e de diferentes tamaños. Fixádevos que a S maiúscula parece unha serpe e a minúscula e como un tobogán, logo unha barriga e sacamos o braciño hacia diante. Revisade neste blogue, o vídeo "Trazo das letras".
Para seguir traballando grafo propoñemos unha TELARAÑA, é moi sinxela e queda moi chula se empregamos diferentes cores. Só teredes que coller un folio en branco, facerlle un punto central, máis gordiño e máis pintos nos extremos da folla. O nen@ terá que unir o punto central cos demáis puntos, 1º co lapis, e logo con rotus de cores. Despois fará raias para completar a telaraña.
Eleximos este cadro de Kandisnsky que está formado por unha especie de círculos. Dividídelle unha lámina en 12 partes ou se preferides en 4 para que sexa máis sinxelo para os nen@s. O nen@ terá que reproducilo a súa maneira. Facendo criculos en cada parte co lapis e logo con rotu, cera, témpera co dedo, co pincel, bastoncillo, o tamén podera recortar círculos de diferentes tamaños e cores e pegalos uns enriba doutros.
*Lecto:
Antes de empezar coa tarefa, podemos repasar un pouco de vocabulario da letra T para iso pensaremos e diremos en voz alta, palabras que levan o son T.
Nesta ocasión os nen@s terán que completar cada palabra coa sílaba correcta (TA, TE, TI, TO, TU) e escribir en minúscula dentro da pauta. Recordade que só teñen que escribir en minúscula as letras que imos traballando que, polo de agora, son as vogais e a M, a P, a L e a T, e a partir de agora tamén a S.
Versión sen imprimir: Nun folio en branco facemos os debuxos e unha pauta ao lado para que os nen@s escriban, ou directamente nomeamos as palabras que os nen@s e
que escriban o que escoiten. En maiúscula, primeiro, e logo, en minúscula, na pauta.
Despois deste simpático vídeo, teremos que repetir e escoitar os nomes dos animais da ficha e colorear só os que levan o son "S". Logo escribimos os nomes deses animais na pauta.
Versión sen imprimir: Nun folio en branco facemos os debuxos dos diferentes animais e os nen@s colorean só os que levan o son S, ou nomeámosllos e os que levan S os escriben.
Versión sen imprimir: Nun folio en branco facemos os debuxos dos diferentes animais e os nen@s colorean só os que levan o son S, ou nomeámosllos e os que levan S os escriben.
Ningún comentario:
Publicar un comentario