PÓDESE CANTAR, FALAR, RIR, CHORAR, GRITAR, EN SILENCIO... A ISO CHÁMASELLE "LER".
Bos días, hoxe é 23 de abril, Día do Libro, que mellor que empezar lendo este decálogo das razóns que nos aporta a lectura. Seguro que se pensamos se nos ocorren moitísimas máis... Podedes imprimilo e pegalo na estantería dos libros, na porta da vosa habitación, no cabaceiro da cama,... no lugar que máis vos guste ler. Deixámosvos tamén outro similar en branco e negro por se preferides decorlao ao voso gusto.
Os vosos fillos e fillas están nesa bonita fase de rompre a ler, hai quen xa empeza a ler soíño e quen o intenta coa axuda de "mamá" ou "papá", pero todos teñen a posibilidade de desfrutar das historias que se agochan nos libros.
No blogue de infantil tedes diferentes marcapáxinas, elexide o que máis vos guste. Nós deixámosvos algúns modelos máis.
Tamén tedes estas mensaxes por se queredes engadirlle algunha:
- Unha, dúas e tres a min gústame ler.
- Lendo e lendo desfruto e parendo.
- Para crecer, crecer e crecer, moitos libros debes ler.
Ningún comentario:
Publicar un comentario