luns, 8 de xuño de 2020

Tarefas do 8 ao 12 de xuño

Ola familias e monstriñ@s!

Xa non queda para rematar este curso. Penúltima semana!!! Aquí van as tarefas:

LECTO e GRAFO

Letra F. Faremos a grafía da letra F minúscula coas 5 vogais. Ao lado escribimos 2 palabras con cada sílaba. Por detrás poden facer o debuxo dalgunha das palabras. Repasamos a sílaba Fa de amarelo ou laranxa, Fe de verde, Fi de lila, Fo de vermello e Fu de azul.

Versión sen imprimir: Facemos a pauta para que os nenos poidan facer as sílabas e as palabras. Poden facer tamén o debuxo dalgunha das palabras. Se lles costa facer o trazo da letra F podedes facerlla vós primeiro con rotulador amarelo e eles repasan con lapis, tal como aparece no exemplo.




Letra R. Temos que colorear e recortar os debuxos. Despois colocarémolos segundo a R sexa suave ou forte. Por detrás poden escribir o nome dos debuxos facéndolle vós a pauta.

Versión sen imprimir: vós soamente tedes que facer a pauta para que escriba o nome do debuxo e os nenos debuxarán as imaxes da actividade ou outras que teñan R.






MATES E LÓXICA

Cuántos quedan sin romper? Mates páxina 43. Facemos a resta tal como sinala a imaxe. Se lles costa poden tachar os óvos e despois contar. No recadro vermello fan o debuxo dos óvos que quedan e nos recadros azuis escriben o número e rotulan.

Versión sen imprimir: os nenos fan a cantidade de óvos que marca a imaxe (ou outro debuxo, flores, globos, caramelos) e fan a resta coma na ficha de mates. Se facedes a resta numérica, colocádea ben tal como amosamos no exemplo, para que se acostumen a colocalas correctamente. 





Cuáles están mal? Páxina 44 do libro de mates. Nesta actividade teñen que tachar os elementos incorrectos. Poden facer liñas co lapis para facilitar a suma de elementos. Na primeira liña todos os cubos teñen que ser vermellos, na segunda todos amarelos e na terceira todos verdes. Así xa podemos descartar algún. Despois imos por columnas. Na primeira columna todas as pás teñen que ser vermellas (tachamos unha), na segunda columna todas amarelas (tachamos outra), na terceira columna todas verdes e na última todas azuis. Tamén poden ir mirando cubo vermello máis pá vermella igual a...

Versión sen imprimir: podedes debuxar cubos ou outro debuxo, por exemplo, caras de robots cadradas, circulares e triangulares que se combinan con ollos vermellos, azuis, amarelos e verdes. Ou tamén con círculos, triángulos e cadrados combinados con 4 cores. 


Arte

Con estas actividades rematamos as actividades con letras. Xa sabemos que non acabamos todo o abecedario pero o importante era coller a dinámica de "Se temos unha P e poñemos unha A, iso é PA". Coñecendo e asimilando isto xa lles vale para todas as letras. Despois hai que coñecer as regras ortográficas pero iso xa para primaria. 

Portada Aprendo as letras. Tal como amosa o modelo, facemos o título con maiúsculas e coloreamos por dentro. Todo rotulado coma no modelo que vos aportamos. 


Portada proxecto Volta ao mundo. Aquí tedes un modelo de portada. Con acuarela azul claro ou témpera azul claro moi aguada pintamos todo o folio e deixámolo secar. Despois teñen que facer un globo, rotulalo de negro, colorealo e, nas liñas, escribir "Proxecto Volta ao mundo". Poden decorar o globo con trazo de grafomotricidade de diferentes cores. Tamén poden debuxar un corpo e pegar unha foto da súa cara nese corpo dentro do globo. Podedes decorar con purpurina ou calquera outro material que teñades en casa. Ao rematar, grapades todas as fichas do proxecto e xa tedes o voso libro da Volta ao mundo"


Para colocar as fichas, esta é a orde: 
  1. Que sabemos sobre a volta ao mundo.
  2. Para ir de España a Londres imos en...
  3. Chámome Phileas Fogg.
  4. Chámome Jean Passepartout.
  5. Fogg fixo unha aposta.
  6. Os continentes.
  7. Fichas Reino Unido (Londres)
  8. Fichas Francia (París)
  9. Chámome Detective Fix.
  10. Fichas Exipto (Suez)
  11. Fichas Kenia.
  12. Fichas India.
  13. Princesa Aouda.
  14. Repasamos o aprendido.
  15. Quen escribiu "La vuelta al mundo..."
  16. Fichas China.
  17. Fichas Xapón.
  18. Fichas EEUU.
  19. De volta en Londres.

Para rematar, propoñemos uns xogos para traballar a motricidade fina. Recordade que canto máis pequeno fagades o circuito e máis pequenas as pezas, máis difícil será para os nenos. Empezade por pezas grandes e ide menguando pouco a pouco.

Ningún comentario:

Publicar un comentario