Hoxe tería que comezar a última semana de cole e iso significa que esta será a última proposta de actividades que faremos. Aí vai...
*Mates
Esta semana tócanos facer restas, dúas páxinas do libro. Na primeira tarefa (páx. 46) teremos que contar as cereixas que hai na primeira imaxe, contar as que nos comemos e restar para averiguar o resultado. Hai que escribir os números nos cadrados pequenos e debuxar o resultado no cadrado máis grande. Podemos deixar que os nenos tachen para que lles resulte máis sinxelo.
Versión sen imprimir: Como noutras ocasións, podemos facelo con cereixas ou máis sinxelo con boliñas.
Pola parte traseira teñen que facer cadrados nas cuadrículas, similares os que fixeron hai dúas semanas, cas 4 cores do parchís. Podemos pintar todos iguais ou ir rotando as cores.
Versión sen imprimir: Como noutras ocasións, podemos facelo con cereixas ou máis sinxelo con boliñas.
Versión sen imprimir: Facemos nos as cuadrículas para que os nen@ fagan os cadrados, os terán que dividir, repasar con rotu negro e colorear.
Na seguinte tarefa (páx. 48) só teñen que contar as bolboretas, escribir os números nos cadradiños, facer as restas e debuxar o resultado final.
Versión sen imprimir: Igual ca tarefa anterior.
*Lóxica
Na primeira tarefa (páx. 45) teremos que seguir as consigas que nos marcan. Fixádevos ben en cantas flores temos que colorear e de qué cor, e se están situadas á esquerda ou á dereita da nena.
Versión sen imprimir: Podemos dividir un folio en dúas partes e pedirlle aos nen@s que debuxen flores a un e outro lado. Logo lle damos a consigna para que coloreen.
Na outra tarefa temos que adicar un tempo a observar a lámina e logo contar os debuxos dos difrentes animais que aparecen para cubrir o cadro coas marcas necesarias.
Versión sen imprimir: Facemos o cadro para que os nen@s o competen.
*Grafo
Imos a decorar o monstruo de cores con diferentes trazos ou debuxos. Fixádevos no exemplo.

Versión sen imprimir:ao nen@ que debuxe o monstruo e o decore con trazos. Depois pode darlle cunha cera tumbada de cor amarela ou verde segundo a mascota da súa clase.
*Arte
Tendo en conta que estamos na última semana, e tocaría celebrar a vosa graduación, propoñemos que elaboredes un birrete para convertirvos en auténticos graduados e graduadas.
Podedes empregar cartulina ou goma eva de cor negra ou calquer outra cor que teñades por casa, e lá para facer o ponpón. Aquí tedes un vídeo explicativo de como facer un birrete.
*Lecto
Para continuar coa celebración da graduación animámosvos a facer un diploma. Os nen@s terán que completar poñendo o seu nome, logo abaixo onde pon docente, teñen que escribir Profe Lucía ou Profe Marta e tamén o ano.
Aquí tedes un modelo en branco e negro e tamén un modelo a cor para que vos fagades unha idea de como vai quedar. Podedes empregar as cores que queirades.
Versión sen imprimir: Nun folio en branco copiamos o que está escrito e deixamos ocos para que o voso fill@ complete. Logo terá que decoralo e colorealo como máis lle guste.
Ningún comentario:
Publicar un comentario