![]() |
Nesta
ficha de grafo da letra P teñen que repasar PA PE PI PO PU e despois escribilo
en maiúscula. Despois repasar pa pe pi po pu minúscula e
escribilo dentro da pauta.
|
![]() |
Nesta ficha de
lecto da letra P teñen que repasar PA pa, PE pe, PI pi, PO po, PU pu. Pa de
amarelo ou laranxa, PE de verde, PI de lila, PO de vermello (rojo), PU de azul.
Son as cores que empregamos na clase para diferenciar as vogais, cada vogal ten
unha cor. Despois teñen que relacionar PA co debuxo que ten PA (paloma), PE co
debuxo que ten PE (perro), PI con pirata, PO con pollito, PU con puente. Estas
fichas son en castelán. Ao lado do debuxo teñen que escribir o nome dos debuxos
en minúscula. Obrigatoriamente teñen que facer en minúscula a P e M (que son as traballadas ata agora) e as vogais. O
resto de consoantes poden en ir maiúscula. Por último teñen que colorear.
Variante se non tedes para imprimir: as familias escriben
con rotulador amarelo PA PE PI PO PU e pa pe pi po pu e facedes cun
bolígrafo as 4 liñas da pauta ao lado de cada unha. Os nenos e nenas teñen que
escribir palabras que empecen por estas sílabas e repasar por encima do
rotulador amarelo con lapis. Pode ser rotulador amarelo ou doutra cor clara e os nenos
repasan con lapis.
|


Ningún comentario:
Publicar un comentario