Nesta ficha de lecto da letra M teñen que repasar MA ma, ME
me, MI mi, MO mo, MU mu. Ma de amarelo ou laranxa, ME de verde, Mi de lila, Mo
de vermello (rojo), Mu de azul. Son as cores que empregamos na clase para
diferenciar as vogais, cada vogal ten unha cor. Despois teñen que relacionar Ma
co debuxo que ten Ma (manzana), Me co debuxo que ten Me (medusa), Mi con miel,
Mo con mono, Mu con muñeca. Estas fichas son en castelán. Ao lado do debuxo
teñen que escribir o nome dos debuxos en minúscula. Obrigatoriamente teñen que
facer en minúscula a M e as vogais. O resto de consoantes poden en ir
maiúscula. Por último teñen que colorear.
Variante
se non tedes para imprimir: as familias escriben con rotulador amarelo MA, ME,
MI, MO, MU e ma me mi mo mu e facedes cun bolígrafo as 4 liñas da pauta ao lado
de cada unha. Os nenos e nenas teñen que escribir palabras que empecen por MA,
ME, MI, MO, MU e repasar por encima do rotulador amarelo. Pode ser rotulador
amarelo ou doutra cor clara e os nenos repasan con lapis.
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario