Ola familias e monstriños, deixámosvos a proposta de actividades para esta semana:
*Mates
Podedes aproveitar que xa saídes de paseo para recoller unhas flores e xogar a facer sumas ou restas con elas. Unha vez rematados os xogos podemos facer un collar cun fío e unha agulla, atravesando o centro da flor.
Na primeira tarefa de hoxe os nen@s terán que contar as flores dos ramilletes e escribir o número no cadardo, fan a suma e escriben o resultado final.
Versión sen imprimir: Podemos pedirlle aos nen@s que debuxen as flores, ou máis sinxelo, con círculos ou calquer outro debuxo.
Pola parte traseira terán que debuxar con lapis os cadrados fixándose en deixar os espazos, repasar con rotu negro e dividilos en 4 partes. Logo terán que colorear cada parte dunha das cores do parchís. Poden colorear todos os cadrados igual co modelo ou complicalo máis pedíndolle que vaian rotando as cores imaxinándonos que o cadrado grande vai xirando. Fixádevos na versión sen imprimir.
Versión sen imprimir: Facémoslle a cuadrícula e os nenos fan os cadrados, os dividen, os repasan e colorean.
Hai que debuxar, en cada tarta, tantas velas como indican as etiquetas. Na parte de abaixo completar a serie ascendente e descendente.
Versión sen imprimir: Podemos debuxar tartas ou calquera cousa que se nos ocorra, un xarrón con flores, unha cara de monstruo para que lle debuxen ollos. Debaixo os números en rotu amarelo para que repasen por enriba.
*Lóxica
Podedes facerlle as diferentes formas xeométricas en papel ou deixar que as fagan eles (círculo, cadrado, triángulo e rectángulo). Podemos xogar a emparellalas, ou pechar os ollos e recoñecer de que forma se trata a través do tacto. Darlle unhas cantas formas e que constrúa a partir delas (unha casa, un tren, unha árbore,...).
O nen@ terá que colorear as pezas necesarias para construir o foguete. Fixádevos que as cores teñen que ser iguais as do modelo. Por detrás terán que debuxar o foguete e facédelles unha pauta para que escriban a palabra.
Versión sen imprimir: O nen@ pode debuxar as formas e contruir un foguete ou carlquera outra cousa que se lle ocorra.
*Grafo
Hai que debuxar o trazo por dentro da B maiúscula e minúscula, e colorear o debuxo que comeza por B. Logo repasar as sílabas e facelas dentro da pauta (1º con lapis e logo con rotu).
Versión sen imprimir: Facémoslle as sílabas en amarelo para que repasen e a pauta.
*Arte
Podedes recortar o círculo do reloxo e pegalo nunha cartolina para que teña máis consistencia, ou directamente facer un círculo na cartolina. O nen@ pode facerlle os números onde lle indiquemos e as agullas tamén con cartolina. Teremos que facer un buraquiño cun punzón ou con algo afiado no centro do círculo e nos extremos das agullas, e logo montalo e poñerlle un encuadernador para que as agullas podan moverse. Se non tedes encuadernador podedes pegalas para que queden fixas.
*Lecto
Coma sempre, cada vez que traballamos unha letra nova, pensamos en palabras que comezan ou que conteñen esa letra. Podemos ir ao espello para ver como se coloca a boca cando pronunciamos o "B". Pensade que neste caso hai unha dificultade engadida, o fonema "B" sona igual co fonema "V", polo tanto, se vos din palabras con "V", dicídelle que moi ben porque o son é correcto pero que esa palabra se escribe con "V".
O nen@ terá que repasar as sílabas, unilas co debuxo correcto e escribir a palabra na pauta (baúl, bebé, biberón, botella e búho).
Versión sen imprimir: Facémoslle as sílabas en amarelo para que o nen@ repase por riba, e as pautas para que escriban as palabras de cada sílaba.