luns, 6 de abril de 2020

Tarefas de repaso

Bos días familias, nenos e nenas!

Xa sabemos que estamos en Semana Santa, aínda así propoñemos unha serie de actividades de repaso por se vos aburrides e os vosos nen@s piden algo que facer.


  • Lóxica: facemos un tres en raia con fichas de Willi Fogg (Phileas Fogg no libro) e Romi (princesa Aoude no libro). Versión sen imprimir: as familias fan os círculos para as caras e os nenos debuxan as personaxes ou un símbolo. Para o taboleiro, poden facelo eles mesmos coa vosa axuda.



  • Arte: Facemos caretas de Aouda e Phileas Fogg e podemos porlle gomas ou un pau. Versión sen imprimir: Eles mesmos poden facer as caretas. As familias podedes facer o contorno da cara para que eles completen cos ollos, nariz, boca, cabelo e complementos.

  • Mates: facemos un puzle de Julio Verne. Coloreamos a imaxe, recortamos polas raias empezando polo rectángulo grande (senón eles esquécense de recortar os bordes exteriores) e pegámolo en orde na ficha onde aparece a data. Versión sen imprimir: fan o debuxo de Julio Verne nun rectángulo feito polas familias, debe ocupar todo o espazo, escriben o nome do escritor, rotulan de negro todo e colorean. Despois as familias facédeslle as raias para que eles recorten e poidan pegar na ficha.

  • Lecto: escribimos os nomes das imaxes en minúscula respectando a pauta. Coloreamos as imaxes. Versión sen imprimir: os nen@s fan todo (os debuxos e os nomes) na pauta previamente feita polas familias.



  • Grafo: Repasamos as letras con lapis e copiamos debaixo de cada sílaba en minúscula. Despois repasamos con rotulador (amarelo ou laranxa as sílabas con A, verde con E, lila con I, vermello/rojo con O, azul con U) Versión sen imprimir: as familias fan a pauta e os nen@s teñen que escribir dentro as sílabas ma/me/mi/mo/mu e o mesmo coa P, L, T. Tamén poden facerlles con rotulador amarelo as sílabas e os nenos teñen que repasalas con lapis, despois habería que facerlle a pauta para que eles escriban as sílabas sós, sen axuda, e repasar da cor correspondente.



Ningún comentario:

Publicar un comentario