Nesta ficha de
lecto teñen que repasar as letras de lapis e despois de rotu. Na clase
empregamos un código de cores segundo a vogal: A de amarelo ou laranxa, E de
verde, I de lila, O de vermello (rojo) e U de azul.
Despois teñen que
relacionar cada sílaba co seu debuxo e escribilo ao lado. Obrigatoriamente
escribirán en minúscula as vogais e todas aquelas consoantes traballadas.
Primeiro sempre en lapis e despois en rotulador. Por útimo teñen que colorear
os debuxos.
Variante se non tedes para imprimir: as familias
escriben con rotulador amarelo as sílabas a traballar en maiúscula e en
minúscula e ao lado de cada sílaba facedes cun bolígrafo as 4 liñas da pauta..
Os nenos e nenas teñen que escribir palabras que empecen pola letra traballada e
repasar por encima do rotulador amarelo con lapis. Pode ser rotulador amarelo
ou doutra cor clara e os nenos repasan con lapis |
Ningún comentario:
Publicar un comentario