luns, 30 de marzo de 2020

Tarefas do 30/03 ao 3/04

Ola familias e monstriñ@s!

Comezamos semana e propoñémosvos unha serie de actividades para facer ao longo de toda a semana. Son actividades relacionadas cos 5 recantos que temos na clase e que estaban preparadas para levar a cabo na clase.

Recordade que son actividades voluntarias pero que é recomendable facer.

Á hora de escribir os nenos e nenas teñen que escribir obligatoriamente as letras dadas ata agora en minúscula (vogais, M, P, L, e agora a T) agás aquelas palabras que teñan que ir en maiúscula como os nomes propios.

Aquí tedes as datas escritas na pauta para escribir nas fichas propostas. Onde non haxa espacio por diante, podedes facerlle vós a pauta por detrás.





  • Arte. Actividades relacionados co proxecto A volta ao mundo. 
Recortar o elefante e decoralo
con motivos alegres típicos da India.
Versión sen impresora: debuxar nun folio un elefante indio, decoralo e recortalo.


Coñecemos á princesa Aouda.
Foi rescatada por Phileas Fogg e Jean Passepartout.
Nesta actividade temos que escribir PRINCESA AOUDA
e debuxar a versión india e a versión londinense da princesa.
Versión sen imprimir: debuxar á princesa e escribir o seu nome.

Pintar a bandeira de India, escribir Bombay
e Calcuta e marcar estos lugares no mapa.
Versión sen impresora: debuxar a bandeira de India
e escribir "Fileas Fogg viaxou a Bombay e Calcuta.
Se son capaces poden debuxar o mapa o calcalo nunha ventá.

  • Lóxica.
Buscar e colorear únicamente as partes sinaladas nos círculos.
Versión sen imprimir: podedes visualizar a imaxe e que busquen ou,
se queredes en papel, podedes coller un conto ou imaxe e dicirlles
que busquen algo concreto. Tamén podedes facer un debuxo
e, como nesta ficha, facer uns círculos e dentro o que teñen que buscar.

Continuar as series.
Versión sen imprimir: copiar estas series ou outras nun folio.

  • Mates. Nesta actividade teñen que colorear tantos cadros como indica o código. Cantos cadros hai en total?

Versión sen imprimir: facedes un cadro dividido en 9 cadros
e ao lado facedes 3 borróns de diferentes cores cun número.
Os nenos teñen que facer como na ficha real.
  • Lecto. Propoñemos unha tarefa de repaso (a letra M e P) e comezamos letra nova (letra T)
Estas son as imaxes para pegar na actividade de abaixo

Recortar as imaxes anteriores e colocalas no recadro correspondente.
Debaixo escribir o nome dunha das imaxes.
Versión sen imprimir: dividir un folio en 3 partes (zona M, zona P e zona MP),
ensinarlle as imaxes e que escriban o nome en cada zona.



Nesta ficha de lecto teñen que repasar as letras de lapis e despois de rotu. 
Na clase empregamos un código de cores segundo a vogal: 
A de amarelo ou laranxa, E de verde, I de lila, O de vermello (rojo) e U de azul.
Despois teñen que relacionar cada sílaba co seu debuxo e 
escribilo ao lado. Obrigatoriamente escribirán en minúscula 
as vogais e todas aquelas consoantes traballadas. 
Primeiro sempre en lapis e despois en rotulador. 
Por útimo teñen que colorear os debuxos.
Versión sen imprimir: as familias escriben 
con rotulador amarelo as sílabas a traballar en maiúscula 
e en minúscula e ao lado de cada sílaba facedes 
cun bolígrafo as 4 liñas da pauta.. Os nenos e nenas teñen que 
escribir palabras que empecen pola letra traballada e 
repasar por encima do rotulador amarelo con lapis. 
Pode ser rotulador amarelo ou doutra cor clara e os nenos repasan con lapis.
  • Grafo. Propoñemos unha ficha de repaso (letra M e P) e outra da letra T.
Facer as M e as P dentro da pauta e escribir os nomes das imaxes.
Rotular todo e colorear.
Versión sen imprimir: facer con rotulador amarelo as letras e os nenos repasan.
Mostramos as imaxes, facémoslle a pauta e eles teñen que escribir a palabra.

Nesta ficha de grafo teñen que repasar as sílabas  maiúsculas e escribilo. 
Despois repasan a minúscula e escribin as sílabas dentro da pauta.
Versión sen imprimir: 
facer cun rotulador amarelo as letras e os nenos repasan con lapis. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario